O azote do Alzheimer.

No alzheimer:
O diagnóstico faise moi tarde cando o enfermo xa está nunha fase da enfermidade do Alzheimer moi avanzada. Pero agora pódese saber se ten alzheimer nunha fase moi anterior á da demencia. Grazas ó uso de biomarcadores pódese saber que cunha mínima sintomaloxía, é debido a que esa enfermidade está xa desenvolvéndose no cerebro. Estes marcadores son unhas proteínas tau e meta amiloide. Pódese realizar un PEC e extraer o líquido encefaloraquídeo e analizalo. Extráese o líquido da zona lumbar e dunha maneira viva pódese ver a pocentaxe de proteínas tau e beta amiloides. Se hai poucas proteínas no interior da columna vertebral, é que hai moitas no cerebro. Estas proteínas acumúlanse no hipocampo, o que provoca a morte das neuronas desta área que está encargada da memoria.

O Alzheimer é unha enfermidade que se dá principalmente pola esperanza de vida tan alta. Aínda que a  medicina nos axudou a vivir máis  é difícil eludir o deterioro do corpo e da mente.
Se a enfermedade é de orixe hereditario, ese xen con esa mutación é un factor moito máis poderoso que todos os factores que se teñen que dar para que unha persona teña alzheimer sen ser hereditario. Por iso unha persoa que non o ten de orixe hereditario o desenvolve moito despois. En cambio se o tes, de maneira hereditaria,  empeza entre os 40-50 anos e ademais marcará a todas as xeracións.
Ademáis podemos distinguir o Alzheimer da perda de memoria banal da xente maior,  propia da idade,  xa que se lle facemos memorizar unha lista, aínda que non se acorde, se lle damos unha clave, unha pista, sabe decirche os nomes que había na lista: Por exemplo; se lle dis: era unha froita, ela xa se percata de que era unha laranxa.
Por último, os enfermos de alzeheimer poden, por exemplo, non recoñecer o seu fillo, pero en cambio o que si que recoñece, é o cariño que o fillo lle ten, e o enfermo aínda que non sepa quen é, sabe que o quere. Polo tanto a memoria sentimental e emocional perdura máis tempo e esta relacionado cuns circuitos máis vitais no seres humanos e máis primitivos xa que o cerebro humano leva evolucionando dende moito tempo atrás.
Pareceme un tema moi interesante e que antes ou despois todos nos encontramos con el, xa sexa polos nosos bisavós, avós, pais ou nós mesmos.



redes 96: O azote do Alzheimer

Miriam Fraga Rodríguez Nº:16  1º BACH A

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.