venus conta cunha capa de ozono

A nave espacial de ESA (axencia europea espacial)Venus Express  descubriu unha capa de ozono na alta atmosfera de Venus. Comparar as súas propiedades coas de capas equivalentes na Terra e en Marte axudará os astrónomos a refinar a súa busca por vida noutros planetas. Venus Express fixo o descubrimento, observando estrelas  xusto no  bordo do planeta a través da súa atmosfera. O seu instrumento SPICAV analizou a luz das estrelas, na procura de patróns característicos de gases na atmosfera.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta