Proxecto de fertilización do mar

A XEOENXEÑERÍA

É a ciencia que formula diferentes técnicas para influir no clima e no medio ambiente terrestre e con iso poder combater o cambio climático.

Proxecto de fertilización do mar

Un dos proxectos ten previsto botar no océano cantidades pequenas de ferro ou de nutrintes ó longo de miles de quilómetros para fertilizar o mar e aumentar notablemente o florecemento do fitoplacton. Este absorbe o CO2 ó realizar a fotosíntese. Os expertos cren que podería capturar ata un tercio das emisións globais de carbono.

Cando o fitoplacton morre acumúlase nas profundidades xunto co carbono atrapado no seu interior, quedando no fondo durante décadas.

Pero este método non é de todo fiable, xa que algunas empresas pretenden utilizalo para poder incumplir a lei e non reducir as emisións de CO2. Ademáis, os científicos cren que estas operacións poden cambiar a composición dos océanos creando zonas mortas, nas que houbese escaseza ou ausencia de osíxeno debido ó crecemento masivo das algas. Incluso poderían chegar a liberar óxido nitroso, outro gas causante do efecto invernadoiro.

Estes efectos negativos aumentarán dependendo dos metros cadrados fertilizados e do tempo que transcorra.

Dende o meu punto de vista, esta medida é moi perigosa para o medio ambiente. No caso de que non eliminase o CO2 como que se tiña pensado podería causar grandes danos no ecosistema mariño. Creo que antes levar a cabo este método sería preciso facer varias probas, porque están en xogo milleiros de seres vivos.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.