Descobren fósiles que axudan a saber máis sobre a evolución en Asia.

Os fósiles atopados en China, dunha antiguedade de entre 14.500 e 11.500 anos, son de homes que conviviron cos homes modernos nunha época na que a agricultura estaba nos seus inicios en Asia. Esta especie foi ata o de agora descoñecida na idade de Pedra, cuns inusuais rasgos físicos arcaicos e modernos, que nos da a posibilidade para saber máis sobre aquela época en Asia. Ata o de agora neste lugar non foran achados fósiles humanos con menos de 100.000 anos de antiguedade que se diferenciaran físicamente do Homo Sapiens actual. Este feito levou os científicos a pensar que o Homo Sapiens non tivera antecesores cando apareceron os homes modernos.

Pénsase que este individuo foi unha especie antes descoñecida que sobreviviu ata o final da Idade de Xeo, fai uns 11.000 anos. A outra alternativa é que se trate de representantes dunha migración moi temperá e descoñecida de homes modernos dende África, e que sen embargo, non tiveron influencia nos nosos xenes actuais.

Aínda que actualmente Asia conta con máis da metade da poboación mundial, sabese moi pouco de como foi a evolución nos humanos modernos alí, fai uns 70.000 anos, cando os nosos antepasados se asentaron en Euroasia.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta