A imaxe máis antiga de América

Foi atopada en Brasil a imaxe rupestre máis antiga do continente, no lugar arqueolóxico chamado Lapa do Santo. Foi unha sorpresa xa que se atopaba debaixo de catro metros de sedimento. Calcúlase que ten entre 9.500 e 10.500 anos de antigüedade.

 

Trátase dun home esculpido na pedra. Ten 30 cm de alto e 20 cm de ancho. O deseño mostra a unha persoa coa cabeza en forma de C, tres dedos na man e o pene erecto.

Crese que esta imaxe está relacionada cun culto á fertilidade pero a interpretación é moi complexa.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta