Científicos encontran fósiles de camellos en Panamá

En marzo de este ano, atopáronse nunha zona de obras do canal de Panamá, restos fósiles de pequenos camelos de fai uns 20 millóns de anos. Estes tiñan grandes fociños, non tiñan xoroba e mesmo se pensa que unha das especies camiñaba sobre dúas patas. Utilizaban os afiados dentes para mastigar a follaxe exuberante da selva tropical.

 Tamén reportaron ter atopado fósiles de marlins, tartarugas e cabalos. Pénsase que os animais, que tiñan dentes similares ós dos cocodrilos, probablemente medían un metro de altura.

Aínda que Panamá é un país pequeno, ten gran importancia científica xa que é a ponte terrestre que une o continente. Cando se moveron os continentes houbo un cambio nos mares, o Pacífico e o Atlántico separáronse e comezou un gran intercambio de animais, uns extinguironse e outros adaptáronse.

Os científicos pensaron durante moito tempo que o istmo databa de 3,5 millóns de anos, pero agora descubriron especies de camelos que viviron fai uns 17 millóns de anos antes.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta