Os astrónomos descobren un sistema solar dos primeiros días do universo

O sistema planetario recentemente descuberto consta da estrela HIP 11952 e dous planetas, os cales teñen períodos orbitais de 290 e 7 días respectivamente. En si mesmo isto non sería particularmente notable dado que o descubrimento de exoplanetas se converteu en algo bastante normal no mundo da astronomía. Pero HIP 11952 é diferente: a estrela ten uns 13 000 millóns de anos de antigüidade e contén moi poucos elementos aparte do hidróxeno e o helio. Normalmente os planetas fórmanse dentro de nubes que inclúen elementos químicos máis pesados. O sistema podería, polo tanto, botar luz sobre a formación de planetas nos inicios do universo baixo condicións bastante diferentes ás de sistemas planetarios posteriores, como o noso.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta