Os neandertais casi se extinguiron antes de chegar a nosa especie a Europa

Os neandertais desapareceron fai uns 30.000 anos, mentras que os Homo sapiens convertéronse na única especie humana actual.

Un recente descubrimento podería darnos información sobre ese misterioso periodo da evoluvión: os neandertais case se extinguiron fai uns 50.000 anos, desaparecendo da maior parte de Europa antes de que aparecese a especie humana actual. É máis, os últimos neandertais que sobreviviron uns miles de anos máis tiñan moi pouca variabilidade xenética, un risco crucial para a súa supervivencia.

Esa variabilidade xenética dos individuos anteriores a 50.000 anos é moi superior aos posteriores a esa data. Unha especie que ten pouca variabilidade xentética está condenada a extinguirse por dous motivos.
Por un lado, acumulará defectos xenéticos nocivos, por outro, terá menos variantes xenéticas ás que a evolución pode recurrir para adaptarse a situacións cambiantes.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.