Os “puntos quentes” da evolución humana. Proxecto Ecochance.

Fai menos de 2 millóns de anos, as poboacións dos nosos ancestros encontrábanse en puntos quentes da nosa biodiversidade, o que lles permitiu evolucionar e propiciar a  “enxeñaría evolutiva” necesaria para chegar a ser como somos.

Este modelo evolutivo é defendido polo paleontólogo José Carrión, por Chris Stringer e por James Rose e nel incorporan información sobre os cambios ambientais que tiveron lugar en entornos onde habitaron especies como o “Homo erectus” ou “Homo sapiens”.

A radiación evolutiva inicial sería experimentada polos homínidos naqueles lugares que contan con gran variedade de paisaxes e climas como resultado de causas ecolóxicas e biolóxicas, lugares que evolucionaron máis rápido e máis a miúdo que outros. Estos cambios deron lugar a nichos ecolóxicos aos que se tiveron que adaptar os primates, ao non se producir o intercambio xenético tiverono que facer acumulando mutacións diferenciadoras. Mantense a hipótese de que a maioría dos homínidos evolucionaron de poboacións moi pequenas que permaneceron aisladas por condicionantes xeolóxicos. Deféndese ademais que esos cambios poderíanse asociar ca evolución de paquetes de xens que darían lugar a grandes cambios morfolóxicos respecto á especie orixinaria.

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta