Pequena neandertal na Península.

En setembro do ano pasado saiu á luz  o descubrimento dos restos de catro pezas bucais dunha nena (aínda que non está totalmente determinado o sexo) neandertal en Madrid. Era pequena, tiña dous anos e medio e non pasaba do metro de altura. Como típica característica dos neandertais era pelirroxa.  Os restos son polo menos de fai 40.000 anos xa que xunto a eles apareceron os dun rinoceronte de estepa, que se extinguiu fai ese tempo.

Os especialistas comezaron a precisar o seu ADN, chave do seu código xenético e dos seus parentes. Poderán ademais descubrir de que se alimentaba, canto medía o seu cráneo, onde tiña ubicada a larinxe e de que capacidade de falar dispoñía, con que disposición cerebral contaba para formular abstraccións ou vertebrar unha linguaxe simbólica.

O descubrimento causou grande interese nos arqueo-paleontólogos Enrique Baquedano e Luis Arsuaga, que coodirixen o proxecto.

http://elpais.com/diario/2011/09/13/madrid/1315913054_850215.html

Miriam Fraga.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta