Posible “fin do mundo” no 2040

Na 49º reunión da “Comisión sobre a Utilización do Espazo Ultraterrestre con Fins Pacíficos” das Nacións Unidas, celebrada en febreiro deste ano, presentouse a lista actualizada de obxectos cercanos a Terra e potencialmente perigosos. Nesta lista aparecen obxectos que segundo a súa órbita poderanse acercar ao noso planeta a menos de 7.5 millóns de km.

Dos 700 obxectos anotados na lista, só 2 teñen unha perigosidade maior a 0 na escala de Turín (escala para medir a perigosidade que vai do 0 ao 9). O obxecto máis perigoso é o asteroide 2011 AG5, cunha perigosidade de 1.2 na escala de Turín e 140 m. de lonxitude,  e que se acercará 5 veces ao noso planeta. O outro é tamén un asteroide, o 2007 VK184, con perigosidade 1 e que se acercará 4 veces a Terra. Ambos obxectos acercaranse ao noso planeta arredor do ano 2040.

 

Esta entrada foi publicada en Sen categorizar. Garda o enlace permanente.

Deixa unha resposta