Descobren fósiles que axudan a saber máis sobre a evolución en Asia.

Os fósiles atopados en China, dunha antiguedade de entre 14.500 e 11.500 anos, son de homes que conviviron cos homes modernos nunha época na que a agricultura estaba nos seus inicios en Asia. Esta especie foi ata o de agora descoñecida na idade de Pedra, cuns inusuais rasgos físicos arcaicos e modernos, que nos da a posibilidade para saber máis sobre aquela época en Asia. Ata o de agora neste lugar non foran achados fósiles humanos con menos de 100.000 anos de antiguedade que se diferenciaran físicamente do Homo Sapiens actual. Este feito levou os científicos a pensar que o Homo Sapiens non tivera antecesores cando apareceron os homes modernos.

Pénsase que este individuo foi unha especie antes descoñecida que sobreviviu ata o final da Idade de Xeo, fai uns 11.000 anos. A outra alternativa é que se trate de representantes dunha migración moi temperá e descoñecida de homes modernos dende África, e que sen embargo, non tiveron influencia nos nosos xenes actuais.

Aínda que actualmente Asia conta con máis da metade da poboación mundial, sabese moi pouco de como foi a evolución nos humanos modernos alí, fai uns 70.000 anos, cando os nosos antepasados se asentaron en Euroasia.

 

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Os denisovanos: unha nova especie humana?

Un equipo internacional de investigadores confirmou que o análise xenético dun dedo de 30.000 anos de antiguedade encontrado na cova Denisova (ao sur de Siberia) pertence a unha nena que non entra na categoría de neandertal nin de humana moderna. Poderíase tratar dunha especiel completamente nova coñecida co nome de “denisovanos”.

Sería un grupo de humanos descoñecidos ata agora que viviron  en gran parte de Asia durante a época Pleistocena. Crese que eran homínidos parentes cercanos dos neandertais que descenden da mesma población ancestral, pero que se separaron dos nosos antepasados.

O óso do dedo meñique atopouse en 2008 en excavacións arqueolóxicas na cova xa dita. Esta nova especie, non comparte xenes cos euroasiáticos actuais, aínda que ten similitudes xenéticas coa poboación de Papúa -Nova Guinea o que suxire un cruce destos e dos antepasados dos melanesios.

Os científicos non descartan a existencia de poboacións de especies humanas que compliquen ainda máis a teoría da evolución.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

proxecto SPICE: Globosfera

Investigadores británicos intentarán bombear auga a unha altura de 1Km empregando un globo e unha mangueira de goma.                                                                                                   O experimento pretende ser unha proba dunha técnica de xeoenxeñaría para contrarrestar os efectos do quentamento global.                                                                        As partículas inxectadas na estratosfera reflexarán  unha pequena cantidade da enerxía solar de volta o espacio e, polo tanto, o planeta arrefriarase.



globosfera

.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Proxecto de fertilización do mar

A XEOENXEÑERÍA

É a ciencia que formula diferentes técnicas para influir no clima e no medio ambiente terrestre e con iso poder combater o cambio climático.

Proxecto de fertilización do mar

Un dos proxectos ten previsto botar no océano cantidades pequenas de ferro ou de nutrintes ó longo de miles de quilómetros para fertilizar o mar e aumentar notablemente o florecemento do fitoplacton. Este absorbe o CO2 ó realizar a fotosíntese. Os expertos cren que podería capturar ata un tercio das emisións globais de carbono.

Cando o fitoplacton morre acumúlase nas profundidades xunto co carbono atrapado no seu interior, quedando no fondo durante décadas.

Pero este método non é de todo fiable, xa que algunas empresas pretenden utilizalo para poder incumplir a lei e non reducir as emisións de CO2. Ademáis, os científicos cren que estas operacións poden cambiar a composición dos océanos creando zonas mortas, nas que houbese escaseza ou ausencia de osíxeno debido ó crecemento masivo das algas. Incluso poderían chegar a liberar óxido nitroso, outro gas causante do efecto invernadoiro.

Estes efectos negativos aumentarán dependendo dos metros cadrados fertilizados e do tempo que transcorra.

Dende o meu punto de vista, esta medida é moi perigosa para o medio ambiente. No caso de que non eliminase o CO2 como que se tiña pensado podería causar grandes danos no ecosistema mariño. Creo que antes levar a cabo este método sería preciso facer varias probas, porque están en xogo milleiros de seres vivos.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

A xeoenxeñería e os barcos “crea-nubes”

 

A xeoenxeñería é una nova disciplina que ten como obxectivo contrarrestar os efectos indeseados das actividades humanas.

Un proxecto no que están traballando é a fabricación de barcos “crea-nubes”. Estes barcos lanzarían diminutas partículas de auga salgada ao aire. As nubes que se formarían reflexarían a luz solar. Un grupo de científicos afirman haber comezado a recadar fondos para os primeiros ensaios desta idea, co obxectivo de poñelo en marcha en 25 anos.

Algúns inconvintes son o elevado custe e as posibles consecuencias descoñecidas sobre os fenómenos atmosféricos.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

O noso instinto asesino

Case todo o mundo algunha vez tivo ganas ou o desexo de matar a alguén, xa sexa por vinganza,rabia ou calquera outra razón.

Aínda que ás veces pareza unha tontería dun momento, cando se pensa en matar a alguén -e o cabo de pouco tempo te arrepintes- a cabeza pode xogarte unha mala pasada da que despóis xa non hai volta atrás.

Moitas veces cando pensamos en asesinar a alguén, pensamos tamén en como o imos facer e planeamos a “estratexia” para levalo a cabo.

A morte da muller a mans do home soe ocorrer por rabia, o home está preso dos celos, non quere que ningún outro se quede coa muller que el escolleu, por eso se dan este tipo de situacións.

Outras persoas que comezaron asasinando polos motivos citados anteriormente, agora seguen a facelo porque se sinten mellor psicolóxicamente e gozan facéndoo.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

venus conta cunha capa de ozono

A nave espacial de ESA (axencia europea espacial)Venus Express  descubriu unha capa de ozono na alta atmosfera de Venus. Comparar as súas propiedades coas de capas equivalentes na Terra e en Marte axudará os astrónomos a refinar a súa busca por vida noutros planetas. Venus Express fixo o descubrimento, observando estrelas  xusto no  bordo do planeta a través da súa atmosfera. O seu instrumento SPICAV analizou a luz das estrelas, na procura de patróns característicos de gases na atmosfera.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Varios Universos

El físico y cosmólogo Paul Steinhardt ha presentado una nueva teoria sobre el universo. Según Paul el universo es cíclico , no hubo uno sino varios big bangs, y el universo no se termina (no existe ni principio ni fin) sino que surge uno nuevo.Y también que la teoría sobre que a partir del big bang se creó el espacio y el tiempo no es verdadera  , según Paul el tiempo y el espacio ya estaban presentes  antes del big bang , lo que hizo el big bang es crear la materia de nuestro universo.
Paul asegura que el espacio se expande continuamente , y que existen unas “membranas” en el universo que no podemos atravesar , como si estuvieramos encerrados , y posiblemente las membranas  podrían llegar a juntarse en millones de años.
Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

Mentes conectadas sen bruxería

As neuronas espello son unha rede invisible que une a todos os seres humanos entre eles; reflexan as sensacións dos demáis e é como se as sentísemos na nosa pel. Experimentando con monos descubriuse que a neurona que se activa cando un mesmo agarra unha cousa, é a mesma que se activa cando alguén agarra unha cousa.

Por iso sufrimos cando vemos dor noutras persoas. Tamén existe un vínculo moi estreito entre a actividade en estas áreas e a tendencia a ter empatía. “Yo te veo sonreír y mis neuronas espejo lo simulan, crean una especie de imitación interna en mi cerebro de la sonrisa en tu rostro y luego envian estas señales al sistema limbico y siento lo que tu sientes”

Las emociones son contagiosas.

http://www.redesparalaciencia.com/2644/redes/2010/redes-56-mentes-conectadas-sin-brujeria

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario

El desafío de la esquizofrenia

A esquizofrenia é unha das enfermidades mentais máis debilitantes e desconcertantes. Define un grupo de trastornos que producen distorsións nos pensamentos e na percepción. Os pensamentos parecerán estar mezclados ou cambiaran bruscamente dun tema ou outro. A percepción pode distorsionarse máis alá da realidade, facendo que as persoas escoiten ou vexan cousas que non están alí.etc.

As persoas con esquizofrenia pasan por períodos nos cales están mellor e épocas nas que están peor: remisión e recaída. Poden vivir por largos períodos sen ningún síntoma, pero como a esquizofrenia é, polo miúdo, unha enfermidade crónica, require atención médica continuada como a hipertensión e a diabete.

Os neuropsiquiátras afirman que a esquizofrenia máis que unha enfermidade é un síndrome. Os síntomas poden ser negativos ou positivos. Os positivos son aqueles que a xente relaciona como características desta, como as alucinacións. Aínda que os máis importantes son os negativos, como a falta de vontade, a anedonia (trastorno psicolóxico que provoca a incapacidade dunha persoa para experimentar pracer, perdendo desta maneira o interese por todo e sendo incapaz de ser feliz ou de sentir satisfacción ao realizar calqueira tipo de actividade, síntoma que tamén aparece en persoas con depresión e alzheimer) e o aplanamento do afecto (carencia ou casi ausencia de calquera tipo de expresión afectiva). Estes síntomas son os principais na vida de cada día.

Canto máis aprendemos sobre as enfermidades mentais máis interrogantes aparecen sobre as súas causas e máis dificil resulta definilas.

Ésta é unha das conclusións máis relevantes da conversación entre Eduardo Punsent e a neuropsiquiátra de la universidade de Londres, María Ron, que indaga as bases cognitivas e estructurais da esquizofrenia.

Publicado en Sen categorizar | Deixa un comentario